Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

Castigan cunha cazolada o bloqueo do convenio da limpeza de edificios da provincia da Coruña

    Os sindicatos CCOO, UGT e CIG castigaron cunha cazolada diante das sedes de Eulen, Clece e da patronal da Coruña, a situación de bloqueo do convenio provincial de limpeza de edificios.

    05/03/2021.
    Cazolada por un convenio digno no sector de limpeza de edificios da provincia da Coruña (5-3-2021)

    Cazolada por un convenio digno no sector de limpeza de edificios da provincia da Coruña (5-3-2021)

    As mobilizacións no sector comezaron xa en xaneiro, coa visita dos Reis Magos para entregaren carbón na sede de Eulen, así como o rexistro dun escrito para responder a «infame» proposta da patronal do sector, que se resume en conxelación salarial e perda de dereitos.

    Posteriormente, os sindicatos denunciaron as principais empresas do sector polo incumprimento do artigo 8 do convenio vixente e, máis recentemente, unha caravana de vehículos fixo visibles as reivindicacións na cidade da Coruña.

    Asembleas para decidir sobre a folga

    Segundo CCOO, UGT e CIG, para conseguir un convenio digno será «imprescindible» convocar folga no sector. Para este efecto, haberá asembleas de traballadores e traballadoras na Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela entre os días 15 e 17 de marzo.